Wikipédia:Comunicado sobre o Museu Nacional/gl

Wikipedia:Comunicado acerca do Museo Nacional

Las versións traducidas deste comunicado: Bikol Centralမြန်မာဘာသာCatalàDeutschEnglishEsperantoEspañolFrançaisInterlinguaItalianoMagyarMirandésPortuguêsTagalogAxuda a traducir a súa lingua, por favor. Ver aquí.

A comunidade da Wikipedia en portugués está de loito.

Lume.

Pola noite de 2 de setembro de 2018, un lume de grandes proporcións logrou a sede do Museo Nacional na Quinta da Boa Vista, Río de Xaneiro, destruíndo case a totalidade do acervo histórico construído hai máis de douscentos anos, e que abranguía preto de vinte millóns de obxectos catalogados. Ademais do seu rico patrimonio, tamén o edificio histórico que abrigaba o museo, a antiga residencia oficial dos emperadores do Brasil, acabou damnificado con rachaduras, derrubamento da súa cobertura, ademais da caída de laxes internas.

Podes axudar

Contribúa coas imaxes do Museo Nacional e o teu acervo.

Un dos retos máis inmediatos é recuperar e preservar as imaxes do edificio e do acervo, cuxa memoria visual é agora o noso principal patrimonio. Os que tomaron fotografías no museo ou coñecen alguén que visitou o museo poden axudar: crea unha conta en Wikimedia Commons e carga as fotografías relevantes. É moi importante que a túa contribución cumpra coas regras de carga de Wikimedia Commons, en particular no que se refire ás licenzas libres. Ver a imaxe no lado dereito como referencia.

Tamén é moi importante que axude a garantir a calidade do contido no Museo Nacional e o seu acervo na Wikipedia. Imos crear un conxunto de artigos importantes e contamos coa túa axuda para mellorar estes contidos.

Se ten algunha dúbida, escriba na páxina de conversa deste proxecto e un editor experimentado pode axudarche.

Os editores de Wikipedia están en contacto cos curadores do acervo do Museo Nacional para poder cargar libremente as imaxes do acervo. Isto inclúe as imaxes técnicas, obras raras e documentación científica. Anunciaremos os acontecementos sobre estas iniciativas aquí.

Máis informacións



Atentamente,
Os editores da Wikipedia en portugués